En Norteamérica hai pelicanos

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos: Fermín Díaz Ferreirós

En realidade, habelos hainos en América, Europa, África… Pero hai quen di que aí, neste anaco do ceo galego, hai un pelicano e o continente norteamericano. O pelicano estaría á dereita. O continente á esquerda, afastados por un corredor de po escuro. Se queremos ser precisos viría a ser realmente a costa oriental, con Florida destacándose na parte inferior. Se non o ves tampouco penses que estás de oculista, non se trata de atopar a Wally.

Hai quen di tamén que iso é unha pareidolia, ou a necesidade do noso cerebro de encaixar en formas coñecidas algo novo. Evolutivamente falando, ter un cerebro proclive ás pareidolias supuxo unha vantaxe competitiva porque aforra enerxía cerebral, non temos que gardar novos recordos senón encaixar os novos en formas xa rexistradas.En realidade, esas manchas son simples nubes de po e gas hidróxeno que por efecto da nosa perspectiva poden ter esa forma bidimensional. Pero son zonas que están a ser irradiadas pola luz das estrelas da zona e, incluso, á esquerda podemos contemplar unha columna de gas máis denso que probablemente dea lugar ao nacemento de novas estrelas. Pero iso será xa dentro de milleiros e milleiros de anos. E daquela, se hai astrónomos mirando a esta zona xa non verán un pelicano e un continente.

Neste caso o autor, pertencente á Agrupación Astronómica Rías Baixas, botou man de telescopio refractor e cámara acoplada, máis outro telescopio e sistema de guiado propio, ademais de ter que realizar 38 tomas de 240 segundos de exposición, máis unha serie de imaxes especiais denominadas dark, bias, flats, unhas cantas horas adicionais de procesado e pasar un pouco de frío nas noites do comezo do inverno.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023