Ollar o ceo coa punta dos dedos

Créditos: Jorge del Oro, Museo Tiflológico de la ONCE

Isto é un astronógrafo. Isto é un tesouro.

Comprender o movemento dos astros no ceo é complicado. A Lúa, o Sol, os planetas, as estrelas, as constelacións… Require moitas horas de estudo e adicación, análise de datos, hipóteses e comprobacións cos cinco sentidos. Ou ben que alguén nolo explique, con palabras fáciles, debuxos, obxectos didácticos e modelos. Pero se carecemos dalgún dos sentidos complícase o conto.
A imaxe de hoxe permite ver o ceo tocándoo cos dedos. É un aparello didáctico para facilitar a invidentes a comprensión de fenómenos celestes que non son quen de ver e máis difícil de comprender. De construción aparentemente sinxela, un disco cunha chea de furos e diversos elementos móbiles (agullas, aros, variñas…), ten unha potencia didáctica tremenda se facemos caso aos escritos da época; porque hoxe non sabemos usalo.
‪ “…resolviendo eclipses, fases de la luna, hemisferios, variedad de estaciones, meses y días, eje de la tierra, polos, ecuador, círculos polares… divisiones astronómicas… todo esto lo hace el ciego con líneas de alambre que pone y quita con asombrosa rapidez y precisión, aunque le falta la vista, llega a tener noción más exacta y completa del mundo en que vive, pues a nosotros solo nos dan definiciones teóricas que terminamos por no entenderlas ni comprenderlas a pesar de las explicaciones del profesor que suelen ser tan obscuras y deficientes como las que aprendemos en los libros” (tirado de El Mortero, Madrid, 8/12/1897)
Sabemos como funciona o ceo, pero non sabemos como o talento intelectual de Manuel López Navalón foi quen de idear este astronógrafo para explicar movementos dos astros, eclipses ou as horas dos solpores e amenceres na escola que fundou (Colegio de Sordo-mudos y Ciegos del Distrito Universitario de Santiago de Compostela) e dirixiu na Compostela de finais do século XIX. Por certo, hoxe aínda existe.

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

1 comentario en “Ollar o ceo coa punta dos dedos”

Os comentarios están pechados.