Cando a Lúa morde ao Sol

Créditos: Pablo J. Martínez Alemparte

A Lúa xira ao redor da Terra. A Terra xira ao redor do Sol. O Sol xira ao redor de… xa chegaremos a iso. Ás veces, a Lúa está entre o Sol e a Terra, polo que temos unha Lúa nova. Ás veces, a Terra está entre o Sol e a Lúa, polo que temos unha Lúa chea. A luz solar pasa por riba ou por baixo nosa, porque Lúa-Terra-Sol non están en liña perfecta. Se fose así, de cada vez teriamos unha eclipse solar ou lunar.

Máis formalmente podemos dicir que o plano de rotación da Lúa ao redor da Terra e o plano de translación da Terra ao redor do Sol non coinciden, teñen entre si un ángulo de 5 graos. Por iso temos lúas novas e cheas cada mes e só de vez en cando unha eclipse, 2 ou 3 veces ao longo dun ano. Porque como os plano de rotación da Lúa tamén se move, ás veces coincide que os tres astros están aliñados perfectamente. Así pasou onte en Chile e Arxentina (tamén na Antártida, pero non conta), cunha eclipse parcial de Sol.

Así aconteceu no noso país o pasado 21 de agosto, cando a Lúa asomouse á nosa liña de visión do Sol, un pouco antes do solpor. E non foi sinxelo de observar. O noso fotógrafo tivo que subir ata o Alto da Bandeira nos Montes de Coruxo (Vigo), pois unhas néboas ameazaban a observación. Esa mancha negra do Sol en realidade é a Lúa, o seu perfil. Neste caso non temos ao océano Atlántico no horizonte, senón un mar de brétemas que o cubría por completo. E, á dereita, as illas Cíes, cubertas tamén de néboa.

Se daquela estiveramos nos EUA poderiamos ter gozado dunha eclipse total solar. Nos ceos galegos teremos que agardar un chisco.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Cando a Lúa morde ao Sol”

Os comentarios están pechados.