Unha Lúa colorida

Créditos: Fermín Díaz Ferreirós

Todo o que nos arrodea está cheo de cor. Aínda que pola noite todos os gatos parecen pardos porque ao haber menos luz, ao ollo humano cóstalle distinguir cores. Aí fóra, no ceo, pasa o mesmo: todo está cheo de cor. Só precisamos da iluminación abondo para distinguilos.

A Lúa está chea de cores que, a simple vista, son tons diferentes de gris. Pero estes matices xa nos permiten diferenciar dous tipos de terreos principais. As rexións claras ou terras altas (coa denominación latina terrae), cheas de cráteres con tamaños que van desde os metros aos 1000 quilómetros, orixinados por impactos de meteoritos. E as zonas escuras, os maria, formadas por coadas de lava que foron enchendo enormes cráteres de impacto cando a Lúa era xeoloxicamente activa.

Na nosa fotografía tirada a finais do pasado mes de novembro enxérganse incluso tons de cor que nos dan máis información sobre os posibles materiais da superficie lunar. No centro da imaxe, o Mare Tranquilitatis adquire un ton azul escuro que indica un solo rico en titanio. Cun tratamento informático axeitado, a imaxe podería desvelar máis cores e solos con outros minerais.

A foto tomouse cunha cámara réflex acoplada a un telescopio refractor de 100 mm de apertura e unha velocidade de 1/5000 desde un balcón en Nigrán (Pontevedra), pero cunhas condicións atmosféricas moi boas. Tamén se empregou un filtro antipolución para reducir a contaminación luminosa do contorno urbano.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

1 comentario en “Unha Lúa colorida”

  1. O grande mérito desta imaxe é captar algo desa coloraciónnlunar. Sen filtros especiais e sen post-procesado para salientar as cores. Nas ligazóns do texto tedes exemplos do que se podería extraer cun procesado imformáticomposterior.

Os comentarios están pechados.