Pasando por diante do Sol

[su_youtube url=”https://youtu.be/Ms8bfG-XgQU” width=”700″ height=”480″]

Créditos do vídeo: Aleixandrus

A Estación Espacial Internacional circunda a Terra varias veces cada día. Nos solpores e nos amenceres é bastante sinxela de ver a simple vista, cando a estrutura metálica e os paneis solares reflicten a luz solar. Tamén hai veces que pasa por diante de astros singulares, como da Lúa, dando a posibilidade de tirarlle fotos e vídeos. Ou, como neste caso, por diante do Sol. Cunha boa previsión, un equipo preparado, un bo filtro para non danar a cámara e algo de sorte a colleita pode ser boa. O tempo de paso por diante da Lúa ou do Sol é o mesmo, algo menos dun segundo. A razón, que o tamaño aparente destes dous astros no noso ceo é moi similar. Por suposto que a Lúa é moito máis pequena có Sol, pero está moito máis preto.

Estes pasos dun obxecto astronómico por diante doutro sen chegar a eclipsalo denomínase tránsito. Son moi útiles, por exemplo, para descubrir planetas que xiran ao redor doutras estrelas, medindo a caída no brillo estelar polo paso do exoplaneta.

Neste caso, o fotógrafo optou por facer un vídeo a baixa resolución, pero abondo para aprezar o paso. O tempo é real, a diferenza do vídeo de hai un par de días.

Nunca está de máis advertir que non se debe mirar ao Sol directamente sen un filtro axeitado. E moito menos con prismáticos ou telescopios; a ceguera pode ser inmediata.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024