Un milagre lunar

Créditos da imaxe: Dani Caxete

A cotío o ceo ofrécenos un espectáculo, ainda a simple vista. Só temos que miralo con bos ollos para descubrir fenómenos singulares. No ceo invernal, pode haber nubes altas que están cheas de cristais de xeo. Ao recibir a luz solar que bateu na Lúa, este refráctase por eses cristaliños que actúan a modo de prismas. Unha posible consecuencia é a formación dun circo luminoso ao redor do noso satélite, a un ángulo de 22º, motivado pola xeometría hexagonal dos cristais.

Para completar a receita dunha boa imaxe só se necesita que pase preto un fotógrafo ben armado experto en buscar un bo encadre, quen sabe se atraído pola famosa merluza do pincho. Así, no porto de Celeiro (Viveiro), este monumento aos náufragos colabora para o noso milagre lunar.

Noutrora fenómenos coma este eran agoiro de mellor ou peor meteoroloxía. Quen sabe se moitas milagres documentadas non eran en realidade simples efectos ópticos.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “Un milagre lunar”

  1. Pingback: Milagre!, a pleno sol – Ceos Galegos
  2. Pingback: Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.