Onde o ceo é sempre gris

Créditos: Cristóbal Fojo

(Banda sonora recomendada: unha canción de Siniestro Total)

Nubes, nubes e máis nubes. Nubes brancas, nubes grises, nubes escuras e nubes claras. Incluso nubes de concurso, pois as fotos que publiquemos de nubes entrarán a formar parte do noso “concurso 4gotas”. E outros que están en camiño.

Neste caso, entre borrasca e borrasca o ceo presentábase completamente cuberto por nubes grisallas. A cor gris débese a varios factores. Por unha banda, as nubes máis grosas impiden que a luz as atravese por completo. Por outra, se as pingas de auga son de tamaño grande (por exemplo, xusto antes de comezar a chover), esparexen pero a luz que reciben e absorben a maior parte. Tamén inflúe o lugar no que estea o Sol nese momento e se as nubes están por riba nosa ou máis lonxe no horizonte.

Este mar de nubes do xénero estratocúmulos foi captado desde o monte de San Pedro en fronte da Torre de Hércules da Coruña. De feito, aló ao fondo podes albiscar este faro de orixe romana. Non te preocupes porque pareza inclinada, débese ao efecto de estar nunha beira da lente da cámara do móbil que se empregou para tomar a imaxe. O tratamento feito coas aplicacións do propio teléfono salienta as diferenzas de cor ao respecto do orixinal.

E ti. Queres colaborar con Ceos Galegos e enviarnos a túa foto? Vale de móbil, se a ocasión o require. Temos xa un concurso en marcha e faremos máis.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026