Lóstregos, alustros e raios sobre Compostela

Créditos da imaxe: Ánxela Álvarez Naya

As nubes están formadas por pequenas pingas de auga. No interior das nubes de choiva hai ventos moi turbulentos. As pingas de auga do fondo viaxan cara arriba onde perden temperatura porque a atmosfera está moito máis fría. Mentres, as pingas xeadas son levadas cara abaixo polas correntes de aire. O encontro entre xeo descendente e auga ascendente fai que se arrinquen electróns, resultando na formación dunha nube con exceso de cargas negativas na parte inferior e de cargas positivas na parte superior. Así créase un campo eléctrico moi forte, onde a atmosfera actúa de aillante entre campo e nube. Cando a carga amoreada supera as propiedades aillantes da atmosfera prodúcese a descarga en forma de raio.

Estas descargas luminosas ou lóstregos seguen o camiño máis doado e achegado para liberarse. Así é habitual que haxa lóstregos no interior ou entre nubes. Pero tamén moitas veces procuran o camiño cara abaixo, buscando “tomar terra”.

Sobre Santiago de Compostela (A Coruña), desde o barrio de San Pedro, captouse esta imaxe que xunta alustros deses dous tipos. Foi nunha tormenta xusto hai tres anos tralo solpor, polo mes de abril. Agora podemos seguir os lóstregos que caen sobre as nosas cabeza coa aplicación de MeteoGalicia. E tamén hai proxectos de ciencia cidadá que detectan a caída de raios.

Esta imaxe non entra no concurso de Nubes Galegas que organizamos xunto con 4 Gotas pois non é deste ano. Pero é fermosa e permítenos falar dos Ceos Galegos e aprender ciencia. Podes mandar a túa. Esta foi tirada cunha cámara compacta a ISO 100 e velocidade ¼ de segundo.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Lóstregos, alustros e raios sobre Compostela”

Os comentarios están pechados.