Nunca chegarás ao final…

Créditos da imaxe: Sindo Nóvoa

…dun arco da vella.

Xa sabemos cal é a receita para ter un arco da vella. Pero, algunha vez quixeches buscar o tesouro agochado onde remata? Velaquí o tes… pero non. Non o hai. En realidade, é imposible chegar ao final da arco da vella. Porque a existencia do arco da vella débese a xeometría existente entre o Sol, nós e as pingas de auga que refractan a luz solar. Se nos movemos do noso sitio, o arco da vella tamén se move porque cambia a perspectiva. O arco da vella que vemos é noso. Se hai outra persoa a uns metros de nós verá outro arco da vella distinto, o seu. Porque todo é cuestión de perspectiva. Polo tanto, se puidesemos viaxar cara o arco da vella para buscar onde nace ou pasar por baixo, este se iría afastando de nós, para manter esa xeometría entre Sol, nós e chuvia, para manternos sempre a nós no medio da perspectiva.

Pero neste caso o fotógrafo cazou un bo tesouro hai un mes na Coruña. Un tesouro ben antigo, con algunhas pedras seica amoreadas polos romanos. Aínda que seica a lenda di que por aí pasou Breogán e o seu fillo Ith e que, albiscando unhas terras verde ao lonxe embarcaron e foron a conquista da Irlanda. E seguimos en tempada alta de caza de arcos da vella, mirade ao ceo.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Nunca chegarás ao final…”

Os comentarios están pechados.