Un ano de astronomía nas fotos da NASA: charla


O sábado 21 de abril de 2018 ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense.

Charla a cargo dun dos editores de Ceos Galegos: X. Dosi Veiga.

Tres ou catro ducias de imaxes publicadas pola NASA durante o último ano na web Astronomical Picture Of the Day, unha das páxinas máis antigas de Internet que se mantén con actualizacións diarias desde o ano 1995. As imaxes serán comentadas e explicadas polo tradutor ao galego das mesmas, editor do proxecto APOD galego. Non se require nivel mínimo para entender as explicacións. Ou polo menos, a maioría das mesmas.

Ao final da charla sortearase entre os asistentes unha edición de Ceos Galegos – Calendario Astronómico 2018.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Un ano de astronomía nas fotos da NASA: charla”

Os comentarios están pechados.