Ás veces vexo estrelas

Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal

O ceo nocturno, se nubes, sen borrascas, sen edificios ao redor e sen contaminación luminosa é fermoso. A simple vista, mirando con prismáticos, con telescopio ou facendo fotografías. Podemos viaxar horas para atopar ceos limpos, claros e en lugares elevados, como estas terras ourensáns da zona de Trevinca. Ou sacar a cabeza pola fiestra, se vivimos no rural. Ou camiñar un pouco para fuxir do alumeado público.

Entón sobre as nosas cabeza aparece un espectáculo de balde: a constelación de Orión, como entre os telescopios da imaxe. Ou o Touro, na súa vertical.

Se queremos usar un telescopio para ver máis estrelas ou obxectos invisibles a simple vista, temos a montaxe da esquerda. Un telescopio Dobson, unha montura especial, manual, e un tempo de preparación de 5 minutos. Ou 15, se o levamos pregado no maleteiro do coche. E despois, chegar e encher, mover cunha man, buscar e mirar.

Se queremos iniciarnos no mundo da astrofotografía e obter imaxes de planetas con todo o detalle, ou de nebulosas, ou de galaxias, co seu colorido e fondura, temos o equipamento da dereita. Un telescopio, unha montura motorizada, unha cámara réflex dixital, un adaptador para acoplala ao telescopio, un telescopio pequeno para facer seguemento, un ordenador portátil, unha batería externa de apoio…

Tamén podes gozar das imaxes que publicamos aquí ou as do noso calendario ou as das redes sociais. E desde a comodidade da casa gozar das marabillas que nos amosan os excelentes fotógrafos e colaborades galegos. E máis que virán. Sen eles non sería posible este proxecto. Apúntaste?

Poderías gostar de...

Ás voltas co ceo estrelecido

Imaxinades ter ollos que foxen quen de rexistrar a luz que lles chega durante minutos? Pola noite descubrirïamos que o ceo xira ao redor das

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

O ano das auroras boreais galegas

Querido mañá, se cando leas isto eu xa estiver lonxe no tempo e no espazo que saibas que hai auroras inauditas coa rubién do que

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025