Unha burra e un telescopio

Créditos da imaxe: Real Academia de la Historia

Unha tarde de 1817 Domingo situaba o seu telescopio en Santiago de Compostela e medía, grazas ás observacións astronómicas, a posición xeográfica exacta da torre da Berenguela. Despois colleu o telescopio, montouno co resto de trebellos sobre unha burra e saíu ao camiño. Acababa de comezar unha aventura científica e técnica na Galicia do século XIX. Con varias campañas interrumpidas por diversas causas rematou o traballo en 1834.

Domingo Fontán, matemático, astrónomo, xeógrafo e todo o que se podía ser na Universidade de Santiago de Compostela daquela época, afirmaba que un país só podía ter futuro se tiña unhas boas comunicacións. E para ter unhas boas comunicacións debía contar cunha boa cartografía. Así que, unhas décadas despois da formulación do Sistema Métrico na Franza postrevolucionaria e de que os astrónomos P. Méchain e J. Delambre mediran o meridiano terrestre, obtendo así a primeira definición precisa do metro patrón, Fontán aplicou os novos métodos no noso país.En varias campañas durante un par de décadas, percorreu todo o país trazando triángulos e triángulos a partires dunha base inicial  para ter un cálculo preciso das distancias entre aldeas, vilas, cidades, montañas, ríos e todo aquilo que se lle aparecía polo camiño. Foi un traballo ímprobo que precisou do establecemento de máis de 4.000 estacións de medida, con axudantes ás veces ou en solitario outras. Todo iso deu lugar ao mapa máis preciso da nosa terra ata o de aquela. Aínda máis, en toda España foi a cartografía máis precisa ata 100 anos despois. O coitado do Fontán non crería o pouco que serviu para a mellora das nosas comunicacións co resto do mundo.

Tras moitos avatares coa monarquía, o mapa foi impreso nos talleres Bouffard de París entre 1839, cando o propio Fontán viaxa alí para dar as instrucións precisas, ata 1845 que se remata o gravado da Carta Xeométrica de Galicia en doce pedras calizas que se corresponden coas súas doce follas que, unidad, mide 251 x 232 cm.

Domingo Fontán nacía en Porta do Conde (Portas, Pontevedra), tal día coma hoxe do ano 1788.

No repositorio dixital da Universidade de Santiago de Compostela teñen copia dos 12 mapas en pdf en boa resolución e outra do mapa completo.

Poderías gostar de...

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

O ano das auroras boreais galegas

Querido mañá, se cando leas isto eu xa estiver lonxe no tempo e no espazo que saibas que hai auroras inauditas coa rubién do que

Imaxe de telescopio na nebulosa Augamar

Unha augamar para a portada

Hai 30 000 anos unha estrela estoupou, enchendo o espazo ao seu redor dos materiais que foi creando no seu interior. No lugar da estrela

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025

2 comentarios en “Unha burra e un telescopio”

Os comentarios están pechados.