Milagre!, no Pico Sacro

Créditos da imaxe: Aleixandrus

Un xogo de luz e sombras. Sol e nubes. Entre os ocos que deixan as nubes sobre o horizonte pasa a luz solar. O fenómeno producido chámase raios crepusculares. Estes raios parece que converxen nun punto que coincide coa posición do Sol. En realidade son paralelos, pero pola nosa perspectiva dá outra impresión. É o mesmo efecto que temos ao mirar como se perden os raís dunha vía do tren no horizonte xuntándose os dous carrís.

Que vexamos estes raios luminosos débese á presenza no pinguiñas de auga, po, aerosoles diversos e as propias moléculas de aire que esparexen a luz solar. O efecto medra pola presenza de nubes que bloquean a luz en certos lugares, xerando as franxas escuras que non son máis que as sombras proxectadas desas nubes.

A pesares do que indica a súa denominación non é preciso que esteamos nun amencer ou nun solpor para ollalos, aínda que neses momentos do día sexan máis frecuentes. Así reciben tamén o nome de “escada de Jacob” polas súas referencias bíblicas, e aínda hai quen prefire chamalos “efecto deus”, pola semellanza nalgunhas representacións pictóricas da aparición de todo tipo de deidades. Realmente non é máis ca un fenómeno natural que podemos gozar e, agora, un pouco máis sabendo o seu nome e a súa natureza.

Así o captou o noso fotógrafo hai un ano desde un lugar con moitas referencias milagreiras como o pico Sacro (Boqueixón, A Coruña), aínda que neste caso non aparecen nin bois nin apóstolos.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Milagre!, no Pico Sacro”

Os comentarios están pechados.