I Encontro da noite: promoción Ceos Galegos

REGALO: todos os pre-inscritos recibirán de regalo un exemplar de “Ceos Galegos 2018 – Calendario Astronómico”, segunda edición.  O prazo límite para a pre-inscrición é o 4 de maio de 2018. O exemplar será entregado o propio día do encontro.

Xornada formativa e informativa de acceso libre. Organiza a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no Centro Ágora.

As conferencias e actividades públicas terán lugar pola mañá e a tarde. Pódeste inscribir para reservar praza e contar cun certificado de asistencia.

O programa completo:

Sábado 12 de maio. Centro Ágora (A Coruña). Aula 9.

  • 10:00 Apertura do encontro.
  • 10:15 Relatorio 1: Portugal: a noite veste­se de branco. Poñente: Raul C. Lima, Físico, Profesor Adxunto da Escola Superior de Saúde / Instituto Politécnico do Porto.
  • 10:45 Relatorio 2: Ver a noite e ver à noite: compreender a Lisboa nocturna entre o século XVIII e XIX. Poñente: Rosa Maria Fina, Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeias da Universidade de Lisboa.
  • 11:35 Descanso
  • 12:00 Relatorio 3: El cielo andaluz: patrimonio natural y recurso científico, económico y cultural. Estrategia para su preservación. Poñente: Ángela Ranea, Servicio de Calidad del Aire, Dirección General de Prevención y Calidad Ambiental (Junta de Andalucía).
  • 12:50 Relatorio 4: Presentación do libro “Hicimos la luz y perdimos la noche” (Editorial Universidad de Cantabria). Poñente: Emilio S. Barceló, Catedrático de Fisioloxía Humana da Universidade de Cantabria. Nota: haberá un posto de venda do libro durante a sesión, en colaboración coa Libraría Azeta.

Sinatura de exemplares do libro e fin da sesión da mañá.

  • 16:00 Sesión de relatorios moderada por Salva Bará.
    • Relatorio 5. Papá, quiero ver las estrellas en la ciudad. Poñente: José Enrique Alcázar, enxeñeiro industrial municipal, servizo de iluminación pública do Concello da Coruña.
    • Relatorio 6: Estrategias contra la contaminación lumínica desde la empresa privada. Poñente: Susana Malón, CEO Lumínica Ambiental.
    • Relatorio 7: Estrategias contra la contaminación lumínica desde la administración local. Poñente: Josep M. Ollé, técnico de iluminación e profesor da Universitat Rovira i Virgili.
  • 17:15 Sesións paralelas:
    • 1.- A noite é necesaria. A contaminación luminosa contada desde os planetarios. Poñente: Marcos Pérez, Director dos Museos Científicos Coruñeses. Actividade aberta ao público xeral.
    • 2.-Mesa de traballo: por un pacto de País para a preservación da Noite. Participan: representantes dos grupos políticos do Parlamento de Galicia, Ana Ulla (astrofísica, Universidade de Vigo), Ángela Ranea. Esta actividade, por tratarse dunha sesión de traballo, non está aberta ao público.
    • 3.-Mesa de traballo: retos para a iluminación de excelencia en Galicia. Participan: Ángel G. Calvo (CEI Galicia), Salva Bará (Profesor e investigador, Universidade de Santiago), Susana Malón, Josep M. Ollé e técnicos e profesionais da iluminación en Galicia. Esta actividade, por tratarse dunha sesión de traballo, non está aberta ao público.
  • 18:45 Descanso.
  • 19:00 Mesa redonda: Recuperar a noite. Conclusións da xornada. Participan: Ana Ulla, Ángel Calvo, Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío).
  • 19:45 Clausura da xornada

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024