En Almería hai un observatorio astronómico profesional, o Centro Astronómico Hispano-Alemán de Calar Alto. Ao seu redor formouse hai uns anos unha Asociación de Amigos del Observatorio de Calar Alto, que desenvolve unha moi interesante laboura de difusión da astronomía e de loita contra a contaminación luminosa. Esta asociación vén de conceder os seus premios do III concurso de astrofotografía e, dous deles, foron para sendos colaboradores de Ceos Galegos.
- Mellor time-lapse ou vídeo secuencia para Alfredo Madrigal, cun fermoso vídeo titulado “Skies” con imaxes gravadas en diversos lugares (comeza cunha secuencia da Torre de Hércules moi chula).
- Mención na mesma categoría: para Ángel D. R. Arós: , cun vídeo non menos fermoso de título “Inari, guovssahasat” cunha chea de auroras boreais que conseguiu cazar nos seus paseos árticos.
Excelentes astrofotógrafos temos no país, e orgullosos de contar con eles como colaboradores do noso proxecto. Parabéns!