Unha coroa para o Sol

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Mercedes L. Rubín

Ergue a cabeza e mira ao ceo. Só así podes contemplar espectáculos naturais coma este: un perfecto aro irisado arrodeando ao Sol. Isto é un halo solar. Pode aparecer aparecer de noite na lúa, en calquera época do ano, na nosa latitude ou máis preto das zonas polares (onde son máis comúns). Pero o que sempre necesita é a presenza de nubes altas do tipo cirrustratos, que levan millóns de cristais de xeo no seu interior, e un pouco de sorte. Non se poden predicir, así que hai que estar atentos.

Se ben Aristóteles xa albiscaba que se debía a algún proceso de refracción, non foi ata que Newton foi quen de dividir a luz branca nas diversas cores dun arco da vella mediante un prisma que se comprendeu a súa mecánica. Na parte alta da troposfera, ás veces cadra que os millóns de cristaliños de xeo con forma hexagonal teñen a orientación axeitada e paralela ao observador. Esa é a clave, a luz solar atravesa eses cristais co ángulo de 22º formando un disco brillante cun burato no seu centro. O halo é máis brillante preto dese burato. Así cada halo é persoal, como pasa cos arcos da vella, xa que a posición do observador é fundamental para aprezar o fenómeno.

Imaxina que vas de peregrinaxe a un lugar coma este e ao chegares atopas unha coroa ao redor do Sol. Quen sabe se noutro tempo alguén decidiu facer aquí un templo aos deuses por ter contemplado un halo solar coma este. Quen sabe se noutrora os pelegrinos habituais desde lugar verían os seus síntomas empeorados de ver este fenómeno natural. Agora podemos admirar a fermosura da imaxe deste halo captado sobre o santuario a virxe do Corpiño (Lalín, Pontevedra) coñecendo a explicación súa explicación física. E todo grazas á nosa fotógrafa que estaba atenta e puido fotografalo. Empregou unha cámara réflex sobre trípode, un filtro polarizador, unha velocidade baixa de obturación (1/100 s) con apertura f/14 e ISO 50. Un pouco de sorte, como ela confesa, e algo de procesado posterior. Todo isto o primeiro de maio xustro tralo xantar.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

3 comentarios en “Unha coroa para o Sol”

Os comentarios están pechados.