Astronomía e música de theremín en directo

Lugar: MUNCyT da Coruña

Data/hora: venres 25 de maio ás 19:30.

“Calquera que pase algún tempo no espazo amarao o resto da súa vida”, afirmaba Valentina Tereshkova, de alcume Chaika. Coas imaxes publicadas pola NASA na súa web Astronomical Picture Of the Day no último ano, comentadas polo seu tradutor ao galego Dosi Veiga (e editor dos nosos Ceos Galegos), e a banda sonora tocada en directo aos “mandos” dun theremín por Paulo Pascual, viviremos un soño parecido ao que Chaika logrou hai 55 anos. Ela foi a primeira muller en ir ao espazo ao bordo da nave Vostok 6 o 16 de xuño de 1963.

O APOD da NASA é unha das webs máis antigas que funciona de forma continuada e a cotío, desde o ano 1995. Cada día aparece unha imaxe astronómica comentada por un astrónomo profesional. Desde hai 5 anos, Dosi Veiga fai unha xira por todo o país dando unha charliña cunha escolma desas fotos que serven de excusa para percorrer a astronomía e as novidades do espazo.

O theremín é un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos que se controla sen necesidade de contacto físico por parte do intérprete. Foi inventado polo físico e músico Lev Sergeyevich Termen (1886-1993) no 1920. Cun son característico, nas mans axeitadas ten unha amplitude de rexistros que abraiará a máis de un.

Dosi Veiga – APOD NASA 2017. Licenciado en física pola USC, conta con máis dunha década de actividades de divulgación científica. Principal responsable da tradución ao galego do APOD (Astronomical Picture Of the Day) da NASA desde abril de 2011 e entre 2007 y 2010 colaborou tamén coa versión en castelán. Colabora como socio en varias asociacións de astrónomos afeccionados e forma parte da xunta directiva da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT). Artífice tamén de “Ceos Galegos”, un proxecto de divulgación científica e ciencia cidadán inspirado no APOD.

Paulo Pascual – Modulador de Ondas – Música, imaxe e divulgación. Conta cun repertorio de temas propios utilizando dous instrumentos: theremín e guitarra. Esta combinación potenciase co uso de loop stations que lle permite facer música a base de capas de son. Paulo Pascual está implicado en diversos proxectos, entre eles a realización de concertos con repertorio audiovisual propio, cine musicado en directo ou a realización de talleres e cursos. Forma parte do grupo Camarada Nimoy.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024