Alumeando un arco de estrelas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Enrique García

O faro de Punta Insua ou faro de Lariño (Carnota, A Coruña) leva case un século en funcionamento, cunha luz que se estende uns 30 quilómetros mar adentro. A Vía Láctea hai case un século que sabemos que é só unha galaxia máis, con máis de 100 mil anos luz de diámetro, que acolle ao noso Sol e todas as estrelas que vemos neste fermoso ceo.

Difíciles de recoñecer pola cantidade de estrelas que xorden na longa exposición das imaxes, a Vía Láctea vai percorrendo de norte (esquerda) a sur (dereita) as constelacións de Casiopea, O Cisne, A Aguia, Ofiúco (ou o que leva a serpe), O Arqueiro e O Escorpión. Á dereita do faro e á súa mesma altura, por baixo do arco celeste, albíscase a estrela Altair na constelación da Aguia. Atravesando o río estelar da nosa galaxia, no alto, aparece o punto máis brillante da imaxe, a estrela Vega, na constelación da Lira. Según vaia chegando o verán as estrelas Vega e Altair xunto a Deneb (no Cisne) irán conformando o famoso triángulo de verán. Neste caso o faro márcanos o leste.

O planeta Saturno anda perdido na constelación do Arqueiro, onde a Vía Láctea se difumina na contaminación luminosa de Muros e outros lugares.

A imaxe precisou de unir dixitalmente 7 fotografías tiradas con 25 segundos de exposición cun obxetivo 16-35 f/4 a 16 mm, e unha ISO de 6400; na madrugada do día das Letras.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Xogando coas cores

Imaxe: Miguel Sánchez Varela. Procesado: Iago de la Fuente Vemos o invisible. Porque o que se ve nesta imaxe non se ve. Mellor dito, non

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

1 comentario en “Alumeando un arco de estrelas”

Deixa un comentario