Círculos por riba da capela

Créditos da imaxe: Noa Táboas

Vaite ao alto dun monte nunha noite sen nubes. Déitate e olla ao ceo cara o norte. Sentes como o ceo xira no alto? Non, verdade? En realidade o que xira é a Terra e ti con ela pero non notas nada. Xa o explicara no seu momento Galileo Galilei co seu principio de relatividade. É imposible distinguir un movemento a velocidade constante desde o propio corpo que se está a mover. No medio da revolución copernicana que situaba ao Sol no centro do universo coa Terra xirando ao seu redor e sobre si mesma, o mesmo Galileo sentíase incapaz de deducir un xeito de verificar ese movemento rotacional.

Ao longo da noite seremos quen de detectar como o ceo parece moverse ao redor da estrela polar. Se tiramos unhas cantas fotos de longa exposición, as estrelas van deixando os seus ronseis marcando os círculos centrados en Polaris, realmente nun punto moi preto dela. Sen saír ao espazo extraterrestre, un bo xeito de demostrar de xeito absoluto que é o noso planeta o que xira e non o ceo sería cun péndulo de Foucault, pero tiveron que pasar máis de dous séculos despois das ideas galineanas.

Por baixo deste ceo en rotación está a capela de San Nomedio (ou de San Mamede) no concello das Neves (Pontevedra). Un total de 200 tomas fotográficas de 20 segundos cada unha, o que dá algo máis de unha hora de movemento na madrugada de hai unha semana. Pola dereita colouse o que parece ser un pequeno meteoro.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026