Un río escuro e unha estrela vermella no ceo

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Esa cor laranxa está provocada por unha estrela vermella superxigante, Antares, na constelación do Escorpión. A súa luz é esparexida polo po presente provocando esa cor. Porén, cara á esquerda parece saír un río Escuro debido a presenza de moito hidróxeno e gas molecular que consegue bloquear toda a luz das estrelas que están por detrás. Estímase que está a unha distancia duns 500 anos luz. Pero por riba de Antares albiscamos unha nebulosa azul debido a que o material refracta de forma preferente esa cor procedente da estrela dobre Rho Ophiuchi, azul brillante. Xusto á dereita de Antares hai un cúmulo globular denominado M4, un dos obxectos máis antigos que os astrofísicos poden datar de xeito directo nuns 12 mil millones de anos, situándose nos bordos da nosa galaxia a uns 7 000 anos luz de distancia.

A imaxe foi realizada  apartires de 10 tomas individuais de 300 segundos, mediante cámara acoplada a telescopio con seguemento rotacional, cunha sensibilidade de ISO 800 e F 2.8. Adicionalmente outras tomas para correccións (Darks e Bias). O lugar de realización foi o alto de Fontefría (A Cañiza, Pontevedra), un observatorio habitual para astrónomos galegos. Todo iso o domingo de hai dúas semanas.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “Un río escuro e unha estrela vermella no ceo”

  1. Pingback: Un intruso no río negro – Ceos Galegos
  2. Pingback: Un mar de nubes - Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.