Un niñodaguia cósmico

Créditos da imaxe: Marco Antonio Vilar Sanlés

Na Terra os niños teñen deceas de centímetros de diámetro e neles hai ovos de paxaros. No espazo os niños teñen deceas de anos luz de diámetro e no seu interior hai estrelas recén nadas, aínda que cosmicamente “recén nado” signifique hai uns dous millóns de anos. Este é o noso propio niño de aguia.

Unha gran nube de gas e po cósmicos arrodean a un cúmulo estelar catalogado coma M16, que se pode ver na parte superior da nube vermella. Este grupo de estrelas naceu a partires de material desa nube e aínda fica preto do niño. No centro da nube avermellada albiscamos unha especie de trompas de elefante, protagonizan unha imaxe icónica denominada “piares da creación” captados con todo detalle polo Telescopio Espacial Hubble. Son densos tubos de po con anos luz de lonxitude que se van contraendo por efecto da atracción gravitacional ata seren quen de formar novas estrelas. A propia radiación que emiten as estrelas xa nadas vai erosionando o material do cumio deses piares, axudando a aparición de novas compañeira no niño cósmico.

A nebulosa da Aguia e as estrelas do cúmulo M16 están a uns 7.000 anos luz de distancia na constelación da Serpe, por riba do Arqueiro (Saxitario). Para tomar a imaxe non se precisou ir ao espazo, senón do bo facer do astrofotógrafo desde Castiñeiras (Ribeira, A Coruña). Co seu telescopio de tipo Newton tirou 14 fotografías de 3 minutos de exposición cada unha a ISO 1600 a foco primario. O correspondente amoreado dixital e procesado con ordenador para obter a imaxe final.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026