Lúa lunera, lúa vermella

Créditos da imaxe: Ángel D. R. Arós

O pasado 27 de xullo medio planeta puido gozar do espectáculo da mecánica celeste. A Lúa atravesou a sombra que proxecta a Terra no espazo polo que deixou de recibir a luz solar. Esta é a explicación dunha eclipse lunar. Pero como a atmosfera terrestre filtra e refracta a luz do Sol, no momento da totalidade a Lúa tínguese dunha característica cor avermellada. O proceso de refracción da luz provoca que sexan os tons avermellados os que se dirixen á Lúa, nun fenómeno semellante ao que provoca a coloración dos solpores terrestres.

As eclipses de Lúa, pola súa frecuencia e extensión, case cada ano se pode ollar un desde medio planeta, captaron a atención de pensadores e científicos. Seica Tales de Mileto foi o primeiro en predicir a regularidade de eclipses (solares e lunares) no século VI a.C., quizais ao poder contar cos rexistros de eclipses anotadas polos caldeos durante os dous séculos anteriores. Tales foi tamén o primeiro en afirmar que a Lúa e alumeada polo Sol e por iso podemos vela pola noite.

A súa cor avermellada durante a fase de totalidade da eclipse, lembrando ao sangue das liortas, sen dúbida foi empregado como arma psicolóxica. Tamén a tradición sitúa a Cristóbal Colón valéndose dunha predición de eclipse lunar para fuxir da captura dunha tribo xamaicana por onde andaba a comezos do século XVI.

Para capturar esta eclipse lunar total o noso fotógrafo tivo que viaxar a terras de Lemos, pois as nubes impediron case por completo a súa observación desde o resto do país.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Lúa lunera, lúa vermella”

Os comentarios están pechados.