O camiño do Sol

Créditos da imaxe: Luz Nocelo, Antón Barreiro, Xosé Maceira e Rosa Veiga.

Cada día vemos como o Sol sae polo horizonte, se move polo ceo subindo e baixando para poñerse polo horizonte oposto. A cotío, os puntos do horizonte polos que o Sol amence e se pon mudan. A cotío, o punto máis alto que o Sol acada no ceo muda. Desde o solsticio de inverno (21 ou 22 de decembro) deica o solsticio de verán (21 ou 22 de xullo) os puntos polos que sae e se pon a nosa estrela vanse movendo cara o norte e o punto de máxima altura no ceo cada día está un pouco máis arriba. Por iso dicimos que medran os días, máis luz, máis insolación e máis calor.

Todo isto é certo en parte. O que realmente se move é a Terra ao redor do Sol que, xunto á inclinación de algo máis de 23 graos do eixo de rotación terrestre, provoca o paso das estacións. Asemade é certo só no noso país ou, mellor dito, no hemisferio norte. No hemisferio sur as cousas son ao revés. O factor máis relevante para as diferencias estacionais é a inclinación do eixo, polo que están invertidas entre os hemisferios, non a distancia da Terra ao Sol.

A imaxe de hoxe é unha solarigrafía. Un papel fotográfico (neste caso estaba incluso caducado) metido no fondo dunha lata de refresco ao que lle fixo nun lateral un pequeno furado cun alfinete. Suxeito nun edificio abandonado do Ribeiro, á beira do encoro de Castrelo e apuntando ao sur, foi quen de recoller o camiño do sol cada día entre o 23 de decembro de 2017 e o 21 de xuño de 2018. Adivíñase o perfil das árbores e a chaira das augas do río Miño. Os ocos escuros e os días que non hai camiño debeuse ás nubes. Cada día mudan os puntos do amencer e do solpor. Cada día muda a altura do mediodía.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “O camiño do Sol”

Os comentarios están pechados.