Cazando perseidas e algo máis

Créditos da imaxe:  Antonio Paz Vázquez

Para ir de caza convén ir abondo preparado en función do tipo de présa que se queira capturar. Para cazar perseidas abonda cunha cámara réflex e un trípode, que nos permitan realizar tomas longas. Algúns fotógrafos. Disparan de xeito automático durante toda a noite para xa na casa examinar todas as imaxes realizadas e contar perseidas. Outros confían na sorte de ir disparando de xeito manual, o cal non está exento doutro tipo de sorpresas.

No noso caso, o fotógrafo subiu ao cumio do monte Faro no concello de Chantada (Lugo), collendo a ermita do cumio como fondo. Fuxindo de luces de coches, de lanternas e de pantallas de móbiles doutros interesados nas perseidas foi quen de captar un meteoro. A puntería foi tal que, ademais, o meteoro parece saír da galaxia de Andrómeda;  esa manchiña abrancuzada que se atopa cara abaixo e á esquerda do ronsel da perseida cazada. Na mesma liña e máis atrás, atravesado pola Vía Láctea, está a constelación de Perseo, quen lle dá o seu nome a máis famosa das choivas de meteoros que se poden gozar desde o noso planeta.

Pero xa un tema de caza maior é ter obtido na mesma imaxe ese brillo verdeallo, imperceptible a simple vista, e que na mesma noite foi ollado por astrofótografos do resto de España. É o fenómeno coñecido como luminescencia atmosférica, fenómeno natural relacionado cos efectos da radiación solar nas moléculas da atmosfera terrestre.

A imaxe foi realizada na madrugada do 11 ao 12 de agosto, nunha toma única de 20 segundos de exposición e unha sensibilidade de 3200.

Por certo, queda un día para que remate o noso concurso de #PerseidasGalegas.

Poderías gostar de...

Marchou o Alfredo

Pasou hai uns días, pero foi para sempre. Forma parte da media ducia de colaboradores grazas aos cales puidemos iniciar este proxecto no outono de

Eclipse de Lúa, eclipse de Sol

Van en parellas. Sabías? Hai uns días tivemos unha eclipse lunar total, o da foto. Dentro duns días teremos unha eclipse solar parcial. No primeiro,

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025

2 comentarios en “Cazando perseidas e algo máis”

Os comentarios están pechados.