Estrelas e nubes na auga

Créditos da imaxe: Luis X. Álvarez

Aí no ceo vemos unha gran nube estricada entre as estrelas. Resulta estar formada de po e hidróxeno cósmicos porque se trata da Vía Láctea, a nosa galaxia. O seu disco central, visto de canto, ten ese aspecto nas noites de verán. Precisamente nesa dirección estamos a mirar cara o centro da galaxia, onde conflúen as constelacións de Saxitario e o Escorpión. Todo o demais son estrelas que tamén están na nosa galaxia, no disco central, por riba ou por baixo. Pero tamén hai dous planetas, Saturno e Xúpiter a cada beira da Via Láctea. Xusto á esquerda do campo da fotografía pérdese Marte, coa súa característica cor avermellada. Aínda podemos velos tres protagonistas planetarios nestas noites suaves de fins de agosto, xunto con Venus xusto tralo solpor. En realidade podemos ollar un quinto planeta, a nosa propia Terra.

E a auga. Unha auga calma que actúa coma un espello reflectindo a luz procedentes das estrelas, dos planetas e da Vía Láctea. No noso caso trátase dunha lagoa artificial, o recheo acuoso dunha canteira abandoada en Sande (Cartelle, Ourense), pero que lle aporta beleza e plasticidade a esta imaxe realizada cunha toma única de 20 segundos e unha sensibilidade ISO 3200 o pasado 11 de agosto.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026