Perseidas galegas: o concurso

Animádevos a votar!!!

Aquí están as 8 imaxes recibidas para o concurso das #PerseidasGalegas. Cada unha un estilo diferente, de 6 fotógrafos diferentes. Un xurado formado por Salvador X. Bará e Jorge Mira, ámbolos dous profesores da Universidade de Santiago de Compostela e editores do libro electrónico de astrofotografía “Na procura da noite“, escollerán o primeiro premio deste concurso.

E xa podedes votar a vosa favorita, tanto como usuario rexistrado como anónimo. Ollo, está difícil escoller pois todas son marabillosas. Ata o domingo 9 de setembro pola noite.

Entre os votantes rexistrados sortearemos un xantar ou cea para dúas persoas no Náutico de Castrelo o día da Gala Ceos Galegos (data por determinar no mes de decembro) e unha inscrición básica de balde en AstroGalicia: a festa galega das estrelas.

O autor da foto premiada polo público recibirá un diploma acreditativo, unha invitación ao xantar/Cea do día da Gala Ceos Galegos e unha inscrición básica de balde en  AstroGalicia: a festa galega das estrelas.

Lembremo ademais que en paralelo un xurado escolle a mellor foto das #PerseidasGalegas18.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Perseidas galegas: o concurso”

Os comentarios están pechados.