Perseidas Galegas 2018: resultados do concurso

Lúa, Venus e perseida desde Sálvora de Ángel Arós
Lúa, Venus e perseida desde Sálvora de Ángel Arós

Créditos da imaxe: Ángel Arós

O primeiro concurso de mellor imaxe das Perseidas Galegas 2018 rematou con estes resultados.

Mellor imaxe, a xuízo do xurado composto por Salva X. Bará e Jorge Mira:

  1. Lúa, Venus e perseida desde Sálvora, imaxe que ilustra esta nova. Autor: Ángel D. R. Arós .
  2. Monte Seixo, publicada en Ceos Galegos o 26 de agosto de 2018 baixo o título de “Chovendo perseidas”. Autor: José Gadea.
  3. Nanoperseidas. Autor: Fins Eirexas.

Premio do público, mediante votación nesta mesma web:

Agradecemos aos membro do xurado a labor realizada, sendo ademais uns días de motísima carga laboral como teñen antes de comezar o curso universitario. Máis aínda pola dificultade, tal e como nos expresaron, para escoller a mellor imaxe dada a calidade de todas. É máis, na clasificación final as 5 primeiras imaxes afastáronse entre si só por medio punto. E, tamén, agradecer aos participantes que enviaron as súas imaxes a esta primeira edición do concurso. Á vista de todos está o nivel e a dificultade de estar entre os primeiros. De aí tamén que ampliamos a listaxe de premiados a tres imaxes.

Por último, agradecer a todos os usuarios da web que visitastes as imaxes (case 3 000 accesos en 4 días) e que votastes algunha das imaxes (máis de 300 votos emitidos). Mañá anunciaremos o procedemento do sorteo entre os usuarios rexistrados e o gañador/a.

Estamos a preparar un artigo cos impresións dos participantes, tanto dos premiados como dos membros do xurado.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Perseidas Galegas 2018: resultados do concurso”

Os comentarios están pechados.