Un arco da vella pantasma

Créditos da imaxe: Lucía Candal

Parece un arco da vella pero non o é. Semella unha nube circular pero tampouco. O fenómeno da imaxe denomínase arco da vella branco ou arco da vella de brétema, aínda que a súa denominación en inglés é máis directa: fogbow.

Se ves a brétema e esta comeza a esvaerse olla con atención. No límite entre a desaparición da néboa e o ceo despexado poden formarse os arcos da vella brancos. A explicación a este fenómeno é moi semellante á dos arcos da vella. O sol ten que brillar por detrás túa, de aí que tamén se chame contrasol, mellor se está a menos de 30-40 graos de altura. Resulta ser máis doado de ver en outeiros e montañas ou nas brétemas mariñas, coma neste caso. Son máis amplos e tan grandes coma os arcos da vella tradicionais. Pero ao contrario que no arco da vella, neste a luz solar ao atravesar as nubes ou pingas de auga máis pequenas, a luz refráctase de xeito máis difuso polo que as cores quedan lavadas, mesturándose unhas con outras e provocan a formación do branco. Ás veces poden ollarse tons avermellados na parte exterior e azulados no interior. Nos arcos da vella a luz solar segue un camiño óptico ben definido polo interior das pingas de auga máis grandes.

Se tes sorte, poida que vexas a túa propia sombra dentro do argo e producirse outro fenómeno chamado gloria ou espectro de Brocken. Aquí, a figura pantasmal que aparece polo centro e moito máis acaída: a torre de Hércules.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024