AstroGalicia18: a festa galega das estrelas

Se che gusta a astronomía, independemente do nivel que teñas. Se che atrae a carreira espacial. Se che atrae a fotografía. Se gustas da divulgación científica. Se queres pasar un fin de semana interesante nun contorno didáctico e estimulante. Se (só tes que verificar algunha opción):

  • queres comezar a iniciarte na astronomía
  • es un astrónomo afeccionado
  • gustas da fotografía e queres saber de astrofotografía
  • fas divulgación e queres coñecer técnicas profesionais
  • tes curiosidade polo mundo que che rodea
  • pertences ou queres pertencer a unha asociación de astrónomos afeccionados

Tes que estar en AstroGalicia 2018. Tanto se te queres inscribir para asistir a todas as actividades como se queres vir puntualmente ás charlas (de balde) ou outras actividades de asistencia libre. Podes ampliar a información da actividade e:

Falaremos de vida marciana, os últimos descubrimentos na vía láctea, a relación entre arte e astronomía, realización de maquetas de foguetes espaciais con motores e combustible sólido, como fotografar planetas, aprender as bases da astronomía, ceas temáticas, observacións nocturnas, mirar por telescopios moi diferentes… e todo no contorno do Parque Náutico de Castrelo onde grazas á colaboración do concello de Castrelo de Miño teremos o alumeado público apagado pola noite.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026