Vida marciana

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Camilo Fumega Ucha

Había 15 anos que Marte non estaba tan preto da Terra coma o pasado 3 de xullo. Tan só nos separaban 57 millóns e medio de quilómetros. Unha eternidade para pensar en viaxar alá en avión, pero unha oportunidade para os afeccionados á astrofotografía que agardan as mellores condicións da atmosfera terrestre para poder tirar imaxes que teñan algún detalle da superficie.

Ese día aínda había unha tormenta de area global na superficie marciana. Non foi tan forte como aparece nalgunha película de ciencia fición, pero si abondo para facer que a única vida marciana coñecida (aínda que se trate de todoterreos automáticos de orixe terrestre) se detivera; as súas placas solares son inútiles con esa meteoroloxía. A atmosfera marciana é máis tenue que a terrestre, os ventos non son moi potentes pero a cantidade de po en suspensión dificulta a observación telescópica.

Desde as terras do Orcellón (O Carballiño, Ourense) chéganos esta imaxe que nos descobre parte da xeoloxía marciana. Arriba, o polo sur (está ao revés do habitual nos mapas terrestres) co seu casquete de xeo carbónico en cor branca. Como está a rematar a primavera marciana e comezando o verán esta zona xeada irase derretendo pouco a pouco. No centro albiscamos Sinus Meridiani, a modo de cuña escura, zona descuberta hai case 150 anos polo astronomo frances Camille Flammarion. Na súa zona occidental aterrou o explorador marciano Opportunity hai xa 14 anos. Desde a NASA estase a agardar a recuperar o contacto con el despois da tormenta de area, pra continuar a súa exploración. Ou deixalo descansar para sempre en territorio marciano, como o seu compañeiro Spirit.

O resto de zonas claras da imaxe son as terras baixas e quizais no pasado xeolóxico co planeta vermello estiveran ocupadas por un gran océano.

Marte segue a conter moitos misterios. Nunhas semanas estará en AstroGalicia18 un dos maiores expertos mundiales na atmosfera marciana, Jorge Pla García, para contarnos moitos deses misterios, as investigacións en curso e que agardamos das futuras misións Insight e ExoMars20.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Dous camiños, dous destinos

Arriba, no ceo, hai un camiño de estrelas. Abaixo, na terra, hai un camiño de pedras. O camiño de arriba non leva a ningures; aínda

Cita cósmica

Todo é gravidade. Ou case todo. A forza da gravidade é a que rexe os movementos no cosmos. Os planetas, as estrelas, as galaxias, os

As máis buscadas

Olla aí. Parecen nubes, sen máis. Pero non, son moito máis. Son nubes noctilucentes. As nubes más raras do noso país. De feito, apenas hai

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

2 comentarios en “Vida marciana”

Os comentarios están pechados.