Un cometa movéndose polo ceo galego

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Marco Antonio Vilar Sanlés

A cotío hai cometas no ceo pero case sempre fóra do alcance da nosa vista. Os máis son periódicos, polo que voltan a pasar preto do Sol en periodos de tempo bastante regulares. Desta volta temos connosco ao cometa 21P/Giacobini-Zinner. Se ben imposible de ollar sen instrumentos ópticos, durante o mes pasado puido chegar a albiscarse cuns simples prismáticos.

Este cometa foi descuberto por un astrónomo francés chamado Michel Giacobini en decembro de 1900. Grazas a iso puido ligar o seu apelido para sempre ao nome do cometa. Anos máis tarde foi redescuberto polo astrónomo alemán Ernst Zinner en 1913. Hoxe sabemos que o cometa completa unha órbita elíptica ao redor do sol cada 6,62 anos. Ten un tamaño pequeno, duns 2 quilómetros de diámetro. Cando se achega moito ao Sol (o perihelio), por efecto do vento solar deixa unha nube de pequenos refugallos que son responsables da chuvia de meteoros das dracónidas. A constelación de Draco, o dragón, que ten a súa testa entre a Osa Maior e a Osa Menor, convírtese no punto do que parecen xurdir os meteoros. Nesta primeira quincena de outubro e bo momento para saír a ollalos; soen ser meteoros febles e lentos. É unha chuvia moi irregular e de difícil predición, pero hai oitenta anos chegaron a contabilizarse milleiros de meteoros nunha soa hora.

O cometa 21P/Giacobini-Zinner foi o primeiro en ser sobrevoado por unha sonda espacial nos anos 80 do século pasado.

A imaxe do cometa que publicamos precisou de 140 fotografías de 20 segundos de exposición a ISO 6400 cun telescopio a foco primario, máis o correspondente procesado dixital posterior, feitas en Castiñeiras (Ribeira, A Coruña). E, o mellor é que se premes na imaxe poderás ver un vídeo co cometa en movemento. O autor “regalounos” unha breve película na que se comprime en 9 segundos o movemento real do cometa en unha hora. A destacar, a cola do cometa non vai cara atrás. Abraiante?

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023