O corazón do ceo

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Aí, con esa forma de corazón humano, vaise inchando a nebulosa por efecto dos ventos estelares maila radiación que recibe das estrelas do seu interior. Esta estrelas, que conforman un cúmulo aberto denominado Melotte 15 son moito máis grandes có noso Sol. As máis, unhas 50 veces con máis masa, aínda que hai algunha que chega ao dobre. Pero teñen unha idade menor e morrerán antes cá nosa estrela: porque no universo as estrelas, canto máis grandes e masivas, máis axiña queiman o seu combustible e antes morren.

A cor vermellada do po da imaxe débese que a nebulosa Corazón está formada sobre todo por hidróxeno. Ao ionizarse este pola radiación das estrelas emite nesa cor característica. A nebulosa do Corazón ten un nome oficial e máis técnico de IC 1805. A distancia á que se atopa é duns 7.500 anos luz aproximadamente.

Para acadar unha imaxe coma esta foron necesarias 12 tomas de 7 minutos cada unha cunha cámara fotográfica acoplada a un telescopio, máis tomas adicionais de calibrado. Sen esquecer un lugar tan escuro como o Mirador das Tablillas no destino turístico Starlight da Veiga (Ourense). A nebulosa atópase na constelación da raíña da mitolóxica Etiopía, a fachendosa Casiopea.

Moitas máis estrelas ateigan a zona por diante e por tras da nebulosa. Non en balde é atravesada polo plano principal da Vía Láctea, a zona celeste con maior cantidade de estrelas desde a nosa perspectiva.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “O corazón do ceo”

Os comentarios están pechados.