A Lúa de preto

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

Mirar á Lúa de preto, incluso cuns prismáticos, permítenos descubrir unha chea de accidentes xeográficos. Montañas, vales, fallas, cráteres… desfilan por diante nosa amosando un mundo cun pasado xeolóxico moi intenso.

A imaxe é domina polo Mar das Choivas ou mare Imbrium. A denominación latina de mare consérvase por motivos históricos; antigamente pensábase que esas zonas escuras lunares eran océanos coma os terrestres. Neste caso estamos a admirar o segundo mar lunar en tamaño e un dos máis recentes, entre os 2800 e 3900 millóns de anos de antigüidade; cando a terra aínda estaba na era Pre-cámbrica e formándose as primeiras rochas. A orixe do mare Imbrium está na colisión dun meteorito que crebou a superficie da Lúa. O burato foise enchendo coa lava do interior lunar ata darlle ese aspecto escuro actual motivado pola abundancia en basalto. Os seus máis de 1100 quilómetros de diámetro aparecen arrodeados por varias formacións montañosas con denominacións terrestres: Apeninos, Alpes e Cárpatos. Nalgún caso chegan ata os 7 km de altura.

A imaxe foi construída con diversos programas de edición a partires de 2 vídeos de 200 s de duración cada un, escollendo os mellores fotogramas. A observación realizouse a comezos de setembro desde un observatorio privado nas terras de Arzúa que, de seguro, nos traerá moitas imaxes no futuro. A Lúa estaba alumeada ao 61% no día 21 da súa fase. A nitidez da imaxe ten algo que agradecer á ausencia de humidade ambiental e os 20 graos que se gozaban as 2 da madrugada.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “A Lúa de preto”

Os comentarios están pechados.