Todo o ceo por riba de Sálvora

Créditos da imaxe: Ángel D. R. Arós

Ás veces destino está ao noso carón. O fotógrafo pode programar unha fermosa imaxe da Vía Láctea por riba da illa de Sálvora, montando o equipamento no peirao, realizado varias tomas, preparando o mosaico e velaí está. A Vía Láctea de verán erguéndose case vertical por riba da badía mailo pazo de Sálvora. Á esquerda, como correspondía pola data, o planeta Marte brilla coa súa característica cor laranxa. E tan clara era a noite que a súa imaxe reflíctese claramante nas augas do océano Atlántico.

Pero nos fotogramas coáronse dous meteoros das perseidas, pois a data da imaxe coincidía preto do seu máximo anual, a mediados do mes de agosto. Aí é nada, dous meteoros cazados provenientes da constelación de Perseo, ás costas do autor. E, para rematar a fortuna nocturna, pola parte dereita aparece unha luminescencia de cor verde, ese brillo inapreciable a simple vista que se debe a re-emisión polas moléculas da atmosfera da luz absorbida durante do día. O brillo azulado do faro da illa aporta un fermoso contrapunto de cor no medio, ao contrario que a excesiva contaminación luminosa da península do Grove que aparece pola esquerda.

O autor da imaxe foi premiado no Congreso Estatal de Astronomía celebrado en Cuenca o pasado sábado 3 de novembro, foi primeiro premio do xurado do concurso #PerseidasGalegas18, autor de varias imaxes do “Ceos Galegos 2018 – Calendario Astronómico” e tamén en “Ceos Galegos 2018 – Galician Skies 2018”. Neste último tamén cunha fermosa imaxe do mesmo lugar.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Todo o ceo por riba de Sálvora”

Os comentarios están pechados.