Ceos Galegos 2019: acto de presentación

A edición en papel de Ceos Galegos 2019 xa está en marcha. A partires do luns 12 de novembro poderás adquirila nas mellores librarías galegas. E, tamén, poderás mercala “en liña” con envío de balde a toda a península.

A imaxe da portada deste ano é unha fermoso mosaico de Kikeflash. Se queres coñecer o seu interior, presentarémolo por primeira vez o domingo 11 de novembro ás 18:00 na Libraría Azeta da Coruña (Praza José González Dopeso, 15009). O acceso é libre e limitado ao aforo da sala. Ademais, sortearemos unha copia da imaxe de portada no seu formato orixinal (100 x 40 cm aprox) entre os asistentes.

A edición deste ano ten varias novidades:

  • textos en galego e inglés
  • novos fotógrafos
  • maior variedade de temáticas nas imaxes
  • mellor tipografía interior

Mentres, para os seguidores da conta de twitter de @CeosGalegos iniciamos unha oferta especial de pre-venta con regalos e concurso incluídos.

E haberá máis presentacións polo resto do país. Non vos perdades as novas.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024