Un arco celeste

Créditos da imaxe: Noa Táboas

A Vía Láctea arquéase por riba da capela de San Nomedio e a súa porta cun arco de medio punto. Esta ermida é a última de moitas que desde o século VI foron construída e derruídas nunha loita entre o cristianismo e o paganismo, que seica empregaba este cumio como lugar de adoración á deusa Cal-Leach, a deusa da fecundidade e da morte, a Terra nai. O monte de San Nomedio érguese 690 metros e sobrevoa ben o contorno.

O arco superior é eterno, polo menos a escala humana. A nosa galaxia esténdese no ceo de finais da primavera de norte a sur. Na esquerda destacan varias estrelas atravesadas pola nube cósmica, forman un “W” no ceo que demos en chamar constelación de Casiopea. No lado contrario, ao carón da torreta, atópase O Arqueiro. Preto del, o punto máis luminoso é o planeta Saturno. Á esquerda da cruz da capela, a estrela máis brillante nestes ceos, Vega, na constelación da Lira.

A autora deste mosaico de 6 fotografías repite este ano na edición 2019 de Ceos Galegos. Non é con esta imaxe nin cunha xa publicada na nosa web.

 

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024