Unha soa foto, todo o ceo galego

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Aleixandrus

Esta toma circular permítenos admirar o ceo como se estivéramos deitados na herba boca arriba nunha cálida noite de verán, dun 8 de setembro calquera. Se o ceo fose un reloxo, na posición das 7 temos un punto brillante que é o planeta Marte. Pegado ao bordo inferior, na posición das 6 pero perdéndose entre o po da Vía Láctea está Saturno. Xunto con Xúpiter e Venus, os catro planetas deron todo un espectáculo ao longo do verán ao ser observables a simple vista.

No centro apenas se albisca a estrela Deneb, na constelación do Cisne, pero si que destacan as estrelas Altair (na Aguia) e Vega (na Lira). As tres forman nas noites de verán un triángulo que domina o ceo nocturno.

Entre as 2 e as 3 do reloxo imaxinario, pegado ao bordo e bastante deformado está o Setestrelo. Conta, conta, son sete estrelas. Tamén se coñece como Carro Maior e noutros países tixola, cazo… Tan só é unha parte da constelación da Osa Maior que se perde por detrás das das Trevincas. Aquí, as tres estrelas do rabo parecen apuntar a unha figura humana que se perfila contra o ceo escuro, pero en realidade son os indicadores ubicados no miradoiro das estrelas da Tablilla das Lagoas, no destino turístico Starlight da Veiga (Ourense). Estamos baixo un dos ceos privilexiados do país pola súa escasa contaminación luminosa.

Pódese distinguir unha manchiña branca correspondente á galaxia de Andrómeda, na parte superior esquerda, a estrela Polaris. Tamén poderiamos xogar a recoñecer outras constelación pero faise moi difícil. E tamén podes premer na imaxe e mirar unha versión anotada.

Esta imaxe fíxose cunha soa toma de 30 segundos de exposición e sensibilidade ISO 3200. O truco está en que se empregou unha lente ollo de peixe de 6,5 mm con proxección circular, polo que a cámara fotográfica tivo que acoplarse a un trípode apuntando ao cénit. A imaxe foi enviada polo seu autor para figurar na edición deste ano de #CeosGalegos19 #GalicianSkies19 pero quedou fóra. Escollemos outras dúas do mesmo fotógrafo, imaxina como serán.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

1 comentario en “Unha soa foto, todo o ceo galego”

Os comentarios están pechados.