As cores do solpor

Créditos: Óscar Blanco

Por que o ceo é azul? Por que o no solpor o ceo se volve vermello? Por que este ceo ten esa gradación de cores? A resposta pode ser moi simple e non dicir nada: polo esparexemento Rayleigh. Ou pode ser máis complexa e permitir entender a base física do fenómeno.

A luz do sol é branca, pero xa Isaac Newton atinou a comprender que está composta por varias cores, cada unha con propiedades diferentes (lonxitude de onda e frecuencia). Vemos a descomposición da luz nun arco da vella, que non é máis que o resultado da refracción de diferente xeito das cores ao pasar polas pingas de auga; cada pinga fai os efectos do prisma que Newton empregou nas súas experiencias. Velaí a clave, dependendo da lonxitude de onda que ten cada unha das cores do interior da luz branca, seguen un camiño diferente ao atravesar un medio de densidade diferente polo que se acaban separando, en vez de chegar mesturadas ata os nosos ollos. A cor azul, que ten a lonxitude de onda máis curta, esparéxese de xeito máis doado ao atravesar as moléculas do aire, por iso o normal é ver o ceo azul. Neste solpor, co sol moi baixo, a luz ten que atravesar unha capa moito máis densa de aire facendo que se esparexa a cor vermella (de maior lonxitude de onda).

O autor da imaxe  vén de recibir o segundo premio en “fotografías de gran campo” s no XXIII Congreso Estatal de Astronomía 2018, xusto por detrás dun compañeiro de Ceos Galegos. Na edición do noso Ceos Galegos 2018 xa publicara varias imaxes. Esta fermosa imaxe foi tirada a finais de xaneiro e estivo a piques de entrar na publicación de #CeosGalegos19 #GalicienSkies19 pola súa calidade. Pero incluímos outra imaxe do mesmo autor feita en cabo Vilán (Camariñas, A Coruña) coma esta, pero sen o faro. Imaxinas como será?

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “As cores do solpor”

  1. Pingback: Nube de chirlomirlos – Ceos Galegos
  2. Pingback: Solpor desde os Forcados – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.