Camiños na terra e no ceo

Créditos da imaxe: Marcos Gestal

Na terra un camiño comunica a capela de Bascuas (Guitiriz, Lugo) co resto do mundo. A forma do camiño é falsa pois parte da curvatura débese á distorsión e á perspectiva da imaxe. Tiráronse varias fotos desde o mesmo lugar ao redor. Ao xuntalas dixitalmente para compoñer o mosaico proxectamos nun plano unha visión esférica.

No ceo un camiño de nubes comunica a catedral de Santiago co resto do mundo. Unha liña curva tamén falsa pois cando miramos a Vía Láctea pola noite vémola recta. Pero de novo estamos a proxectar a esfera celeste sobre un plano. Un camiño no ceo formado por nubes de po e hidróxeno que esparexen a luz dos milleiros de estrelas que contén. Un camiño que en realidade é a nosa galaxia, o lugar do Universo onde reside o noso Sol desde a súa formación. Pero é falso que seguindo este camiño nocturno cheguemos a Santiago de Compostela, por máis que un famoso libro medieval asegure o contrario.

A captura deste dobre arco celeste tivo lugar o pasado mes de xullo, precisando de 12 imaxes de 20 segundos de exposición cada unha que despois se uniron nunha soa. Tamén foi preciso tapar manualmente de vez en cando a capela para que a súa luz non dominara a escena. E foi unha imaxe que quedou fóra do noso #CeosGalegos19 #GalicianSkies19, pero incluímos outra do mesmo autor.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

1 comentario en “Camiños na terra e no ceo”

  1. Pingback: O camiño das lousas – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.