Presentación en Ourense, ciencia e música

O venres 30 de novembro ás 20:00 na libraría Tanco de Ourense, na rúa Cardenal Quevedo, 22. Alí estaremos presentando a edición deste ano do proxecto Ceos Galegos 2019.

Ademais de facer un percorrido didáctico polas imaxes do calendario, con astronomía, historia, xeoloxía, natureza… gozaremos do acompañamento musical de Juan Vázquez. Serán tres cuartos de hora moi agradables, para aprender, para preguntar e para escoitar.

Ollo que o aforo da libraría é limitado e non se reservan asentos. E a nosa puntualidade acostuma a ser xermánica.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024