Estes son os #CeosGalegos19 ou #GalicianSkies19

Imaxes de Kikeflash, Alejandro Nieto, Fins Eirexas, Óscar Blanco, Pablo Martínez, Ángel D. R. Arós, Noa Táboas, Marcos Gestal, Alfredo Madrigal, José Castro, textos en galego e inglés, impresión mural de case 50 cm de ancho e papel de alta calidade. Todo xunto conforma o mellor da fotografía nocturna e astronómica galega, á vista está nas imaxes que foron aparecendo ao longo deste ano en Ceos Galegos e, sobre todo, na escolla realizada para #CeosGalegos19 #GalicianSkies19.

Queres levar un anaco do ceo á túa casa? Xa o tes dispoñible nas mellores librerías galegas, cun exemplar á vista para tocar e admirar.

Tamén podes tirar proveito, ata o 30 de novembro, da nosa oferta “ceo e terra” ao través da compra na web. Todos os pedidos recibirán de balde un lote de castañas, noces e avelás e, a partires de tres exemplares, un regalo da edición de #CeosGalegos18. Sen custes de envío. E, se queres coñecer máis do proxecto, faremos presentacións en Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Carballo (A Coruña), Lugo… Atentos ás nosas redes sociais.

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026