O ceo galego con e sen telescopio

 

 

 

 

 

Créditos das imaxes: Fernando Cabrerizo

Á esquerda, Vesta, un asteroide que se puxo a tiro no mesmo campo de visión xunto coas nebulosas da Lagoa e a Trífida (con nomes en clave astronómica M8 e M20) nesta noite do verán en setembro. Á dereita, unha paisaxe nocturna coa Vía Láctea. As dúas están feitas nos excelentes ceos das Trevincas (A Veiga, Ourense), un dos dous lugares galegos que teñen a cualificación de Destino Turístico Starlight pola súa pouca contaminación luminosa.

A da esquerda é unha “foto con telescopio”. A da dereita é unha “foto sen telescopio”. Ambas as dúas serían ideais para participar no noso primeiro concurso de fotos do ceo galego, pois esas dúas son as categorías. Pero o autor é un dos membros do xurado, polo que non vai participar. Aínda que están feitas cos pés no país. E son fermosas. Trátase de Fernando Cabrerizo (tercer premio no certame The World at Night en 2017, catro imaxes publicadas no Astronomical Picture Of the Day da NASA, vicepresidente da Federación de Asociacións Astronómicas de España) quen, xunto con Leonor Ana Hernández (responsable de formación e divulgación na Fundación AstroHita) e Ángel Gómez Roldán (astrofísico e director da revista AstronomíA) formarán o xurado profesional que escollerá as tres mellores fotos de cada categoría.

E ti, a que agardas para participar? Hai xurado profesional, hai premios, hai votación popular, hai gala final e hai sorteos.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025