O corazón do cosmos

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

O cosmos ten o seu corazón. Invisible sen instrumentos ópticos, aparece cando apuntamos un telescopio á zona da constelación de Casiopea que, curiosamente, na mitoloxía grega disimulaba bastante que tivera corazón

Esa nube de po cósmico que por casualidade ten forma do órgano humano, en realidade son os restos dun lugar de formación estelar. As estrelas máis brillantes do centro forman un conxunto denominado Melotte 15 e a súa luz alumea a nebulosa. Os ventos estelares que emiten van creando as cavidades na nube cósmica e erosionan o po para formar algúns dos piares que se ven en todo detalle e, co tempo, poida que cheguen a formar novas estrelas ao comprimirse o gas dos extremos.

A imaxe en branco e negro amosa como se traballa habitualmente en astrofotografía, con tomas monocromáticas para conseguir máis detalle físico do obxectivo. Realizando tomas con filtros diferentes e co correspondente tratamento informático posterior teríamos unha fermosa imaxe en toda cor. Pero tamén é máis semellante ao que veríamos coa nosa vista ao través do telescopio, pois os nosos ollos non serían quen de detectar as cores pola falta de luminosidade.

Desde Arzúa, a 7.500 anos luz de distancia desta nebulosa, foron precisas 20 tomas de 600 segundos cun filtro de banda estreita que deixa pasar só a luz emitida polo átomo de hidróxeno presente ao ionizarse, e algunhas tomas adicionais de calibración.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

3 comentarios en “O corazón do cosmos”

  1. Pingback: Mellores imaxes do ano 2018: resultado votación popular – Ceos Galegos
  2. Pingback: Mellores imaxes do ano 2018: resultados – Ceos Galegos
  3. Pingback: Un ceo con corazón e alma – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.