O corazón do cosmos

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

O cosmos ten o seu corazón. Invisible sen instrumentos ópticos, aparece cando apuntamos un telescopio á zona da constelación de Casiopea que, curiosamente, na mitoloxía grega disimulaba bastante que tivera corazón

Esa nube de po cósmico que por casualidade ten forma do órgano humano, en realidade son os restos dun lugar de formación estelar. As estrelas máis brillantes do centro forman un conxunto denominado Melotte 15 e a súa luz alumea a nebulosa. Os ventos estelares que emiten van creando as cavidades na nube cósmica e erosionan o po para formar algúns dos piares que se ven en todo detalle e, co tempo, poida que cheguen a formar novas estrelas ao comprimirse o gas dos extremos.

A imaxe en branco e negro amosa como se traballa habitualmente en astrofotografía, con tomas monocromáticas para conseguir máis detalle físico do obxectivo. Realizando tomas con filtros diferentes e co correspondente tratamento informático posterior teríamos unha fermosa imaxe en toda cor. Pero tamén é máis semellante ao que veríamos coa nosa vista ao través do telescopio, pois os nosos ollos non serían quen de detectar as cores pola falta de luminosidade.

Desde Arzúa, a 7.500 anos luz de distancia desta nebulosa, foron precisas 20 tomas de 600 segundos cun filtro de banda estreita que deixa pasar só a luz emitida polo átomo de hidróxeno presente ao ionizarse, e algunhas tomas adicionais de calibración.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024