A edición en papel de Ceos Galegos 2019 xa está en marcha. A súa venta permítenos finanzar esta web e as actividades asociadas como concursos, colaboracións…
A imaxe da portada deste ano é unha fermoso mosaico de Kikeflash. Se queres coñecer o seu interior, estaremos en Carballo o mércores 5 de decembro ás 17:30 na Libraría Punto e Coma (Rúa Valle Inclán, 3, 15102 Carballo, A Coruña). O acceso é libre e limitado ao aforo da sala. Poderás gozar dunha charliña breve sobre astronomía, fotografía, xeoloxía, natureza e moito máis, mentres admiramos as diferentes imaxes da edición deste ano. Xa enchemos as salas da Coruña e de Ourense.
Sortearemos unha copia da imaxe de portada no seu formato orixinal (100 x 40 cm aprox) entre os asistentes.
A edición deste ano ten varias novidades:
- textos en galego e inglés
- novos fotógrafos
- maior variedade de temáticas nas imaxes
- mellor tipografía interior