Galaxias por ducias

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal

Mira ben esa imaxe. Pode parecer que hai moitas estrelas e algún borrancho. Pois si, hai centos de estrelas que pertencen á nosa propia galaxia, a Vía Láctea. E centos de millóns de estrelas que están dentro deses borranchos que, en realidade, son galaxias. Só que nesta imaxe excelente aparecen por ducias.

Ao igual que as estrelas se agrupan para formar galaxias, as galaxias agrúpanse para formar o que se denomina cúmulos galácticos. Todas estas agrupacións implican que os seus integrantes se moven gobernados pola atracción da gravidade, a mesma atracción que nos mantén cos pés na terra.

Polo centro da imaxe e cara arriba pola esquerda aparecen varias galaxias formando unha curva. Esas galaxias están no centro do cúmulo de Virgo, unha agrupación de galaxias relacionadas pola gravidade que ten unhas 2000 integrantes. Reciben o nome de Cadea de Markarian, polo astrónomo armenio que as descubriu. Atópanse a uns 70 millóns de anos luz de distancia mirando precisamente na dirección da constelación de Virgo. Se premes na imaxe verás os nomes dalgunhas das galaxias da imaxe. Pero hai moitas máis sen etiquetar; polo menos outra ducia máis ao lonxe.

As 15 fotografías necesarias para facer esta imaxe foron tiradas na pasada primavera dende a serra da Groba e o miradoiro do Corteliño (Baiona, Pontevedra). Cada unha das imaxes requiriu un tempo de exposición de 8 minutos. Evidentemente foi necesario acoplar a cámara a un telescopio e, ademais, empregar un filtro para reducir a contaminación luminosa procedente do alumeado artificial da contorna.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023