Un elefante no ceo galego

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Nos contos hai elefantes divertidos, grandes, pequenos, de cores e incluso vexetarianos. No universo hai trompas de elefante de tamaño cósmico coma esta que ten 20 anos luz de lonxitude. Que se di pronto, pero son uns 200 billóns de quilómetros se hai quen de imaxinar ese tamaño. Pero como está moi afastada de nós, a 3 000 anos luz de distancia, no ceo ocupa un espazo equivalente a dúas lúas cheas.

Os astrónomos prefiren chamala vdB 142, sobre todo para non confundila coas trompas de elefante que hai noutros lugares. Está formada sobre todo por hidróxeno e po, material en bruto a partires do cal se forman as estrelas novas, cando a presión e a gravidade entre as partículas aumenta ata chegar a iniciar o proceso de fusión nuclear. Iso é o que pasa no interior de todas as estrelas, incluída o noso Sol, e produce a luz e a calor estelar que todo o inunda. Mesmo nesta imaxe vemos unha chea de estrelas na constelación de Cefeo, fogar deste elefante particular. As máis brillantes amosan o típico patrón de liñas pola refracción das pezas que unen o espello secundario do telescopio empregado para tirar a imaxe, de tipo reflector. Foi precisa a combinación de 11 tomas fotográficas de 5 minutos de exposición cada unha cunha sensibilidade de ISO 800,  máis un par de tomas complementarias de calibración. O concurso dos escuros ceos do miradoiro estelar da Lagoa das Tablillas (A Veiga, Ourense) durante o pasado mes de setembro, tamén axudaron o seu.

A imaxe participa na competición de “Mellores fotos do Ceos Galegos 2018, categoría con telescopio”. Nuns días abriremos as votacións ao lectores.

Poderías gostar de...

Eclipse de Lúa, eclipse de Sol

Van en parellas. Sabías? Hai uns días tivemos unha eclipse lunar total, o da foto. Dentro duns días teremos unha eclipse solar parcial. No primeiro,

O cangrexo foi o primeiro

Imaxinade que sodes un astrónomo na busca da fama. Daquela, polo século XVIII, o máis doado era atopar un cometa, publicalo e agardar a que

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025

2 comentarios en “Un elefante no ceo galego”

Os comentarios están pechados.