Un neno astrónomo

Créditos da imaxe: Marco Antonio Vilar Sanlés

Velaquí una imaxe da Lúa, con todo detalle. Saliéntanse os maria, eses enormes cráteres cheos de materiais basálticos de cando o noso satélite era xeoloxicamente activo. Así, na parte inferior, de esquerda á dereita están Nectaris e Fecunditatis, con Mare Crisium afastado por terras altas e claras deles. Os grandes, de abaixo cara arriba, Tranquilitatis (onde aterrou a primeira misión humana, a Apollo 11) e Serenitatis. Algúns cráteres perfílanse moito mellor polo xogo de luces e sombras entre o bordo e o interior. Son os que están preto da liña que separa a luz da noite, chamada terminador. Aí, desde o punto de vista lunar, o Sol está baixo no horizonte.

O procedemento para unha toma coma esta non é moi complexo, co equipamento axeitado. Un pequeno telescopio no que en vez dun ocular poñemos unha cámara de fotos réflex. Un bo trípode que ature todo o peso e que estea motorizado para anular o movemento de rotación terrestre, mantendo así a imaxe da lúa sempre no centro da toma. Gravar algún vídeo, neste caso de un minuto. E despois a traballar co ordenador con aplicacións que son quen de extraer os fotogramas do vídeo e amorealos para que a imaxe teña máis nitidez e resolución. Os ceos escuros das terras barbancesas tamén axudan á calidade da imaxe.

A diferenza con outras imaxes e que desta volta todo o traballo foi feito por un neno de 7 anos, convenientemente instruído pola familia de astrofotógrafos. Así que hai canteira.

Vós lembrades quen vos meteu o verme da astronomía no corpo? Nós si. Este rapaz tamén.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Un neno astrónomo”

Os comentarios están pechados.