Chega o inverno, un ano despois

Solsticio inverno

Créditos da imaxe: Rosa Veiga

O Sol móvese. A Terra móvese. As estrelas móvense. Todo se move. O máis evidente é o movemento diario do Sol. Pero tamén podemos comprobar que os puntos do amencer e do solpor varían ao longo do ano.

De seguro que algún dos nosos antergos, na época dos castrexos, descubriu que periodicamente o solpor tiña lugar no horizonte pasando polos mesmos cumios. E quizais decidiu marcar eses puntos dalgún xeito. Ao redor do 21 de decembro, o Sol detén o seu movemento cara o sur para comezar a poñerse, cada día, un pouco máis ao norte (cara á dereita na imaxe superior). Por iso a partir deste venres, ás 23:23, as horas diarias de luz comezan a medrar. Aquí, o abrigo do Raposo (Amoeiro) agocha un estraño petróglifo, quizais esculpido por ese antergo noso. Aquí o solpor ten lugar xusto polo cumio de San Trocado. Alí hai un castro. Á pouca distancia está a Lansbrica. Outro castro. Preto de aquí o Coto da Zarra e o Coto do Castro. Máis castros. Comeza o inverno.

Así comezaba hai un ano Ceos Galegos, este proxecto de divulgación científica e comunicación social de astronomía, xeoloxía, arqueoloxía, bioloxía, fotografía… 150 imaxes de máis de 30 fotógrafos e afeccionados. E, dentro dunhas horas, poderás votar e escoller as mellores imaxes do ano do ceo galego.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “Chega o inverno, un ano despois”

  1. Pingback: A maxia do equinoccio – Ceos Galegos
  2. Pingback: A última noite – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.