Camiño de auga baixo as estrelas

Créditos da imaxe: José Pérez Solla

Na terra a xeoloxía, no ceo a astronomía. Hai veces nas que o espactáculo da terra complétase co espectáculo do ceo. Así, as augas do río Sil pérdense polas fonduras do canón que afasta as provincias de Ourense e Lugo, unha formación xeolóxica cunhas orixes que se remontan ao Cretácico, hai 200 millóns de anos. O camiño terrestre que o río foi creando por erosión parece prolongarse no ceo co camiño celeste das estrelas. Máis a paisaxe celeste apenas mudou desde que os dinosaurios habitaban este recuncho terrestre.

Na medio, cruzando directamente coas montañas, esa parte da Vía Láctea coincide coa constelación de Saxitario.

A mediados do pasado mes de agosto, un tempo de exposición para a imaxe de 20 segundos e unha sensibilidade de ISO 2000 foron abondos para encher a toma de estrelas por riba dos concellos de Castro Caldelas e A Teixeira (á esquerda, na provincia de Ourense) e Sober (á dereita, na provincia de Lugo), co embarcadoiro de Doade en primeiro plano. Entre elas destaca o planeta Marte á esquerda, o punto máis brillante do ceo. E tamén aparece Saturno entre varias estrelas preto do horizonte.

Aproveita estas noites despexadas de comezos do inverno para mirar ao ceo. Un espectáculo de balde e agora con constelacións bastante diferentes.

Podes votar imaxes parecidas a esta no noso concurso para escoller a mellor imaxe do ano do ceo galego.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Camiño de auga baixo as estrelas”

Os comentarios están pechados.